Imaxe

VI edición da Masa Crítica Galega en Redondela: “Outra mobilidade é posible”.

O próximo 06 de outubro terá lugar en Redondela a VI edición da Masa Crítica Galega, que sairá ás 16:00h da estación de Chapela.

En torno á bicicletada hai organizado un programa de actividades a realizar na fin de semana. 

* Actualizaremos o programa de actividades e demais información nos próximos días.

Colle a bici… imos tomar as rúas!

O sábado 1 de outubro celébrase a V edición da Masa Crítica Galega. Este ano é a Masa Crítica da Coruña a que acolle o evento e a bicicletada partirá ás 18:00h do seu punto de concentración mensual, a Praza de María Pita.

En torno á bicicletada hai organizado un programa de actividades variadas a celebrar do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro.

Haberá facilidades para o aloxamento das persoas que acudan desde fóra da Coruña.

*A medida que se vaia concretando, a información da Masa Crítica Galega será actualizada neste blogue.