Programa

Venres 30 de setembro:

Benvida ó lugar de acollemento para deixar a bagaxe e ciclobolinga (coñecer ‘a noite’ n’A Coruña, pero en bici).

Sábado 1 de outubro:

- Fórum das Masas Críticas Galegas e iniciativas afíns.
Horario i emprazamento: a partir das 11:00h no Propolis (R/Barcelona 115).

Presentacións e coloquio a cargo das Masas Críticas da Coruña, Lugo, Pontevedra e Santiago (aínda por confirmar Ferrol e Vigo), reCiclos Propolis (con presentación sobre os ciclotalleres autoxestionados en Europa e Maya Pedal), asociación Mobi-Liza (con presentación do seu estudo “Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña”) e unha cooperativa coruñesa de bicimensaxería en proceso de formación. Se estás interesadx en presentar algún proxecto, escríbenos.

- Xantar colectivo.
Horario i emprazamento: a partir das 14:00h no Parque de Santa Margarida.

Trae o teu e algo para compartir.

- Exhibición aberta de bike-polo.
Horario i emprazamento: actividade programada ás 16:00-17:30h no Parque de Santa Margarida.

Pero dende as 12:30 xa haberá alguén dándolle ó paliño do bikepolo. Tamén pola noite pénsase en continuar a festa despois da MCG e á luz dos focos… máis bikepolo, esta vez na pista dos nosos amores, en Adormideras.

Consulta as regras  deste deporte no blogue dos afeccionados locais.

- Obradoiro de ergonomía.
Horario i emprazamento: 16:00-17:30h no Parque de Santa Margarida.

- Obradoiro de mantemento básico da bicicleta.
Horario i emprazamento: 16:00-17:30h no Parque de Santa Margarida.

- Contacontos.
Horario i emprazamento: 16:00-17:30h no Parque de Santa Margarida.

- MASA CRÍTICA GALEGA.
Horario i emprazamento: saída ás 18:00h da Praza de María Pita. E pode consultarse nesta ligazón ó percorrido.

Colle a bici, imos tomar as rúas! Bicicletada festiva e reivindicativa. Durante a mesma realizarase unha acción na estación de trens pola intermodalidade bicicleta máis tren e contra o desmantelamento do tren de cercanías. Fin de festa na rúa Barcelona con música ao vivo.

Domingo 2 de outubro:

- Cicloroteiro polo río Mero.
Horario i emprazamento: saída ás 11:00h da explanada de Riazor.

* Actualizaremos esta información a medida que a vaiamos concretando.

2 respostas a Programa

  1. Pingback: V Masa Crítica Galega A Coruña*** do 30 de setembro ao 2 de outubro

  2. Pingback: » V Masa Crítica Galega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s