Camisola

AVISO: o EDITGRID para apuntarse ás camisolas pechouse á edición o xoves 29. As camisolas agora están xa pedidas. Pero quen queira facelas pola súa conta pode ir ó comercio onde as encargamos, Camisets X&T en Av. General Sanjujo, 107, que alí nos din que, como teñen a placa, poden facercha no momento.

Imos facer unha tirada de camisolas conmemorativas coa recomposición do compoñente gráfico do cartaz.

As camisolas serán, por clamor eco-popular, de algodón de calidade. E o prezo 10€. Para pagalas: na man a Roberto Porto ou Daniel en Reciclos. Con sinceridade, preferimos que non deades comisión ó banco por pagalas por adiantado, e que a paguedes o mesmo día na man, e se tal deades una doazón. Para encargar unha tendes que apuntarvos AQUÍ.

As camisolas repartiranse ó longo da finde, e maiormente o sábado á hora do xantar no Parque de Sta. Margarida.

Se houbera diferencia entre o recadado e a factura servirá para financiar ó taller ReCiclos. (Actualización 28/9/2011, as camisolas saen a un custo na tenda de 9€).

Traballo en progreso: o venres 30 ás 21:00, cando nos dixeron que foramos a recollelas :S Ata o sábado á hora do xantar non estarán rematadas. Na foto: o vinilo laranxa fosforito a medio pelar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s